miércoles, 24 de abril de 2013

Asemblea es lof II

Últimamente é difícil facer que me sente a escribir aquí, pero hoxe a nosa casa compostelana, a Facultade de Ciencias Políticas e Sociais volve ter ese aspecto electoral que tanto me gusta e á vez tanto me disgusta. Ule a eleccións. 

É moi interesante observar os movementos das asociacións estudantís estes meses, pode resultar gracioso incluso dende algunha perspectiva. Pero o certo é que cando entras na dinámica cunha certa vinculación como puido ser a miña noutros anos pode chegar a ser excesivamente intenso e repulsivo, todo depende a que xogo queiras xogar. Pode que soe repetitivo e incluso contradictorio se observamos a miña vinvulación á Asemblea de Estudantes este último ano, pero agora que me teño un pé fóra podo velo máis claro que nunca. Somos fortes polo que somos. Somos fortes porque somos quen de organizarnos fronte determinados obstáculos, somos fortes porque nos ensinaron a ser fortes dende o principio, somos fortes porque ao longo de todo este tempo fixemos grandes cousas, e mediante pequenos grans de area contribuímos a que nun momento moi sensible a Facultade de Ciencias Políticas estivese viva. 

Demostramos que só é preciso ter motivación e iniciativa; Palestina, asemblearismo, políticas de xuventude, ciclos de cine, ciclos de series, debates políticos, xénero, lingua, Primavera Árabe, voluntariado, espectaculares e multitudinarios pre-fins de ano e xeniais magostos e paparotas. Burocracia, permisos, reclamacións, proxectos, búsqueda de financiación, folgas, manifestacións. Percorremolo todo.

Non poño en dúbida os malos momentos, a frustración, a indecisión e o continuo debate. Mais a pesar de todo seguimos aquí, e o máis importante é que seguimos aquí aprendendo e desfrutando do aprendido. Que o fin, iso é o que nos quedará. E teño moi claro que iso é o que viñamos buscando, porque si, algúns terán uns intereses, e outros outros, pero sempre nos respectamos na diferencia, e iso probablemente é o que nos faga grandes e fortes.


A verdade é que cando comecei a escribir isto expresar outras cousas, como a frustraiión e a indignación que me causan certos persoaxes que só por intereses políticos se amparan en grandes palabras baleiras, que quedan en só iso, palabras. Que logo se reflexan en actos despreciables que nalgúns caso rozan a inmoralidade. Despois de tantos positivos recordos non quero facer máis mención que a feita porque non vale a pena. Porque a coherencia é algo que se demostra co tempo, e os intereses vense ao lonxe ocultos baixo un letreiro, un nome ou un lema máis ou menos pegadizo ("Hai pinchos!!"). No noso caso, asemblea tras asemblea, manifestación tras manifestación, claustros, programas electorais, propostas cumplidas e sempre tras a asistencia ás reunións dos órganos de goberno demostramos quen somos de verdade, e o que buscamos de verdade. E que o que dicimos cando nos presentamos, que soa moi ben dicir que defendes os intereses do estudantado, non é máis que a realidade.


Esta non é unha reflexión que vaia pedir o voto, se é o que esperades, isto é o que penso. E en catro anos na facultade nunca pedín o voto a ninguén, nin presentándome eu mesma, así que tampouco vou a facelo agora. Non creo que sexa necesario. Simplemente quería reflexar dunha maneira coherente as mil e unha cousas que se me pasan pola cabeza cando volvo a intentar traballar nunhas eleccións coma estas neste momento. Unha vez máis compañeiros e compañeiras, gracias por demostrarme que cando queremos podemos.

:)




miércoles, 23 de enero de 2013

martes, 15 de mayo de 2012

Asemblea es lof

Na fantástica vida universitaria, tomar a decisión de participar cunha asociación de estudantes é algo que moi poucos deciden, mais unha vez que se fai conleva unha responsabilidade e un compromiso tanto con un mesmo como coa propia asociación.

Xa se pode dicir que levo máis de un ano participando activamente coa Asemblea de Estudantes de Ciencias Políticas, mediante a cal me elixiron como voceira na Xunta de Facultade. Estas circunstancias permitíronme coñecer dun xeito máis profundo o funcionamento tanto da USC como da miña facultade, así como involucrarme na consecución dunha mellora da facultade na que estudo, pero sobre todo para aprender. Aprender a relacionarme, a tratar con diferentes personas en diferentes circunstancias, aprender a disciplina do debate, o funcionamento das asembleas, a tolerar e respetar opinións contrarias, en definitiva, a medrar como persoa. 

Aínda que non todo é bonito, porque respetar o correcto funcionamento da Asemblea conleva moitos acordos e debates, teño comprobado que con tempo todas as nosas iniciativas foron saíndo adiante e con éxito.
O meu compromiso por este ente tan especial fixo que realmente eu, como outras personas, invertise moitas horas de traballo nel; asistir a asembleas, comisións, organización de coloquios e xornadas, debates, deseño de carteis, pinta e colorea, organización das tradicionais festas, etc. E todo este tempo se pode traducir na preocupación que sinto agora, non polo feito de darlle continuidade á Asemblea de Estudantes, que sei que a terá, senón á pouca mobilización en relación ao número de alumnos que somos na facultade. Dame medo que non se vexa realmente nin se poida facer ver o bonito e único que o traballo en equipo que levamos facendo todo este tempo. Un lugar onde ninguén está por enriba de ninguén, onde todos podemos ser escoitados, e onde unhas personas se ofrecen por vontade propia e sen intereses partidistas a defender ao alumnado da facultade nos órganos de goberno, sen máis interés que un bo funcionamento da facultade e a dinamización da nosa vida universitaria.

Eu non son unha persona á que lle gusten os mitíns, á que lle digan por onde ten que ir nin como ten que pensar. Eu non estudo Ciencias Políticas para ser política, e entendo e respeto a quen si o fai, sempre que quen o faga me respete a min. 

Pero especialmente hoxe, e durante esta sucia campaña electoral sentinme insultada e indignada. Ata criminalizada por firmar un recurso estando no meu pleno dereito, por alguén que non foi quen de firmar as súas palabras, expoñendo o meu nome e o de mais compañeiros a críticas manipuladas. Hoxe vin na facultade un triste espectáculo de circo, non moi distinto ao que todos vemos día a día no telexornal, como alguén pode mentir a case un cento de personas, quedarse tan ancho e pretender causar risa no público. 

Non sei se eu son a persona axeitada, non para representar, senón ser a voz dos alumnos que o decidan na Xunta de Facultade. O que si sei é que unha persona que representa ao alumnado debe polo menos ter educación. Non creo que alguén que se mofa de xogar coa ignorancia dos novos alumnos no seu beneficio, que recoñece ter intereses partidistas en canto a acadar representación en público, e que mantén unha actitude pechada de ataque, sexa a persona idónea para representarme, polo menos a min, en ningures.

A veces, debemos lembrar que o noso paso pola facultade será só iso, un paso. Sei que o futuro da medo, pero tamén sei que eu non son quen de mentir, pisar e humillar a ninguén por intereses políticos. 

Agora ben eu non vou a pedir o voto, nin pra min nin pra ninguén. Todo o que tiña que dicir aquí o deixo. Eu teñoo moi claro, eu son Asemblea, porque nela me represento a min mesma, así como  a todos os que nela participamos en igualdade de condicións. Se teñen que triunfar intereses partidistas por simple populismo que o fagan, o meu paso pola Facultade cada vez quedalle menos tempo. Mais si me gustaría que os que veñen agora loiten polo seu futuro, porque son os únicos que poden facelo,  e desgraciadamente non é moito máis esperanzador que o meu.

Por una actitude crítica e responsable.








Gracias a todas as personas que compartiron este ano de experiencias. :)